Amosando publicacións coa etiqueta vídeo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta vídeo. Amosar todas as publicacións

mércores, 13 de maio de 2020

Escena, Plano e Toma



ESCENA: Nun proxecto audiovisual represéntanse diferentes escenarios onde teñen lugar en diferentes momentos do tempo a historia que queremos contar. O que sucece nun mesmo tempo e escenacio é a unidade argumental que chamamos escena.

PLANO: É la unidade máis pequena dunha rodaxe. Consiste na gravación dunha acción cun encuadre, enfoque e posición determinados. Pode durar un segundo ou incluso minutos, cuando por ejemplo vemos un plano secuencia.

(SECUENCIA): Xa sabemos que varios planos forman una escena e que esta última finaliza cuando se cambia de tempo e espacio. Falamos de secuencia (de escenas) cando varias escenas consecutivas dan forma a una temática ou acción dentro da obra que o espectador debe comprender. Polo tanto a secuencia transcorre en diferentes escenarios e normalmente en tempos consecutivos.

TOMA: Ven sendo o número de veces que se grava un plano para finalmente escoller o mellor na montaxe final.





domingo, 10 de maio de 2020

VIDEO - Historias do coronavirus

A actividade consiste en montar cun programa de edición de video, pequenos fragmentos de vídeo gravados co teu móbil que acompañen á túa "historia do coronavirus" gravada con Audacity, resultado desta actividade anterior...
STORYBOARD: Terás que facer previamente un "storyboard" que encaixe coa túa historia previa. O storyboard, é unha especie de cómic que ofrece unha guía visual do que se ten que gravar en vídeo posteriormente. Correspóndese coa fase de planificación do traballo de vídeo que se vai a realizar. Para realizar o storyboard terás que:

1.- Accede á conta de gmail coa que traballas en clase, e despois fai unha copia desta plantilla na túa carpeta compartida co teu profesor de TIC.

Un plano é cada unha das tomas vídeo realizadas realizadas sen corte. Unha secuencia é o conxunto de planos que se visualizarán nun mesmo tempo e lugar (por exemplo nunha habitación, nun coche, nun parque etc.). No storyboard deben de numerarse e aparecer na orde que se van a visualizar tódolos planos do vídeo.

2.- Para configurar cada un dos planos usa á páxina web StoryboardThat para elaborar a túa historieta. Deberás escoller os fondos que sean apropiados para a túa historia, e despois incluir as persoaxes, obxectos relevantes da historia, ademais dos diálogos da túa historia. Non fai falta que te deas de alta, cando teñas configurado un plano fai unha captura de pantalla recortando a viñeta deseñada e insertala no documento do storyboard de "drive". Aquí tes un exemplo:

http://www.storyboardthat.com/
 
GRAVACIÓN DE VÍDEO: So unha vez que teñas o guión feito (en forma de storyboard) gravarás cada un dos planos que necesites para completar a túa historia. Podes utilizar o teu móbil para gravar.

EDICIÓN DE VÍDEO: Unha vez que teñas tódolos planos de tódalas secuencias gravados poderás montar o teu vídeo. Podes utilizar calquer editor de vídeo par móbil, tablets ou para PC. Recomendo que o fagades co ordenador posto que vos permitirá máis posibilidades de edición. Estos son algúns dos editores para PC que podes usar:

    - Windows Movie Maker: Preinstalado xa en moitas versións de windows.
    - Filmora 9: Editor de pago para windows pero que permite traballar exportando o traballo con marca de agua.
    - Kdenlive: Editor gratuíto para sistemas operativos Linux (como Ubuntu)

REQUISITOS

1. Deberás usar polo menos 2 escenarios diferentes, e tres planos distintos en cada escenario.

2. Inserta ó inicio o titulo "HISTORIAS DO CORONAVIRUS" e debaixo un título secundario, como por exemplo "O pesadelo", e a continuación "Realizado por... nome alumn@"

3. Inserta os créditos finais: "IES do Castro", "TIC 1º de Bacharelato", "Curso académico 2018/19".

4. EXPORTA o vídeo co seguinte nome: Video TIC - Nome Alumn@
 
    Antes de exportar selecciona pinchando no botón "axustes" unha
    resolución de 1280x720 e calidade "Boa"

5. Sube o arquivo á carpeta de Drive compartida co teu profesor.
 

luns, 3 de xuño de 2019

VÍDEO 03 - Historieta corta (Croma Verde)


http://www.storyboardthat.com/

ACTIVIDADE VÍDEO 03
  O STORYBOARD

Inventa ou adapta unha pequena historieta. Antes de comezar a gravar e editar o vídeo, deberás de elaborar o correspondente Storyboard, unha especie de cómic que ofrece unha guía visual do que se ten que gravar posteriormente.

1. Accede á páxina web StoryboardThat para elaborar a túa historieta. Deberás incluír fondos que poidas despois gravar, obxectos relevantes da historia, personaxes (poden ser persoas ou animais, reais ou imaxinarios), e diálogos. Polo menos unha personaxe será gravada en croma verde (descargada de internet), enlace suxerido: Videos para croma verde... )

   Nota: Outras webs para elaborar guións gráficos ou Storyboards...

2. Deberás usar polo menos 2 escenarios diferentes, e tres planos distintos en cada escenario.

3. Fai unha copia deste documento no teu Drive, na carpeta compartida co teu profesor, e inserta as capturas de pantalla de cada plano.

PRODUCIÓN (Gravación + Edición)

1. Descarga usando  2conv.com , www.converto...  ou outra páxina de descarga, vídeos con fondo verde que sirvan para producir a historieta.

    Enlace suxerido: Videos para croma verde...

2. Grava co teu móbil os planos de fondo que se adapten á túa historia. (Lembra, deberás usar polo menos 2 escenarios diferentes, e tres planos distintos en cada escenario)

3. Inserta ó inicio o "TITULO DA HISTORIETA" e a continuación "Realizado por... nome alumn@"

4. Inserta os créditos finais: "IES do Castro", "TIC 1º de Bacharelato", "Curso académico 2018/19".

5. Inserta unha ambientación musical instrumental adecuada á historieta. Non é necesario (nin recomendable) ter música durante todo o tempo da historia.

6. Tempo aproximado total: Entre 1 e 2 minutos.


7. EXPORTA o vídeo co seguinte nome: VIDEO 3 Título da historieta - Nome Alumn@
 
    Antes de exportar selecciona pinchando no botón "axustes" unha
    resolución de 1280x720 e calidade "Boa"

8. Sube o arquivo á carpeta de Drive compartida co teu profesor.
 

luns, 20 de maio de 2019

VÍDEO 02 - Movementos de cámara



Visualiza este vídeo.




ACTIVIDADE VÍDEO 02

1. Descarga usando "google imaxes" imaxes de 5 planos xerais diferentes bastante abertos e con boa resolución. NOTA: Busca imaxes cunha resolución mínima de 2MP accedendo a:

Botón Ferramentas >> Tamaño >> Maior que... >> 2MP (1600x1200)

2. Inserta un título inicial co texto "MOVEMENTOS DE CÁMARA" e a continuación "Alumn@: Nome do alumn@"

3. Usa un plano xeral sobre o que realizar cada un dos tipos de movemento de cámara seguintes:

Sobre o plano xeral nº1 realiza un:
- PAN LEFT (Paneo á esquerda)   e   PAN RIGHT (Paneo á dereita)

Sobre o plano xeral nº2 realiza un:
- TILT UP (Subir)   e   TILT DOWN (Baixar)

Sobre o plano xeral nº3 realiza un:
- ZOOM IN (Zoom dentro)   e   ZOOM BACK (Zoom fora)


4. Movementos combinados:

Sobre o plano xeral nº4 realiza un:
- PAN LEFT + ZOOM IN  (Paneo á esquerda + Zoom dentro)
- PAN LEFT + ZOOM BACK  (Paneo á esquerda + Zoom fora)

Sobre o plano xeral nº5 realiza un:
- PAN RIGHT + ZOOM IN  (Paneo á dereita + Zoom dentro)
- PAN RIGHT + ZOOM BACK  (Paneo á dereita + Zoom fora)

5. Descarga e inserta unha imáxe que che permita facer un "BOOM UP" e un "BOOM DOWN"

6. Inserta nunha pista superior de vídeo títulos indicando cada tipo de movemento, cunha duración de 4 segundos por plano.

7. Inserta unha transición entre os diferentes planos.

8. Inserta os crédifos finais: "Feito por... nome alumn@", "IES do Castro", TIC 1º de Bacharelato", "Curso académico 2018/19".

9. Inserta unha ambientación musical instrumental (sin voz) adecuada para a presentación. Ó rematar a presentación corta o audio sobrante e realiza un "fade out" de volume da música.

10. EXPORTA o vídeo co seguinte nome: VIDEO 2 Movementos de cámara - Nome Alumn@

    Antes de exportar selecciona pinchando no botón "axustes" unha
    resolución de 1280x720 e calidade "Boa"

11. Sube o arquivo á carpeta de drive compartida co teu profesor.

luns, 29 de abril de 2019

VÍDEO 01 - Tipos de planos

https://es.slideshare.net/paula_iglesias/tipos-de-iluminacion-y-tipos-de-plano
Tipos de iluminación. Tipos de planos

 
ACTIVIDADE DE EDICIÓN DE VÍDEO 01
 
Realización das Fotografías:
 
1. Fai fotografías no entorno do teu centro de estudios, a persoas diferentes, con cada un dos encadres descritos na presentación anterior (tipos de plano):

    En función do encadre:
            - Gran Plano Xeral (GPX)
            - Plano Xeral (PX)
            - Plano Figura (PF)
            - Plano Conxunto (PC)
            - Plano 3/4 ou "Plano Americano (PA)
            - Plano Medio (PM)
            - Plano Medio Curto (PMC)
            - Primeiro Plano (PP)
            - Primeirisimo Plano (PPP)
            - Plano Detalle (PD)

        En función do ángulo de visión:
                - Picado    (Fotografía agora obxectos inanimados)
                - Contrapicado
                - Nadir
                - Cenital

Edición do vídeo:

2. Axusta o tempo de duración de cada imaxe a 5 segundos. 

3. Inserta nunha pista superior de vídeo títulos indicando cada tipo de plano, cunha duración de 3 segundos por título, con "esvaecemento rápido" de entrada e de saída

4. Inserta diferentes transicións de entrada e de saída entre os diferentes planos.

5. Inserta un título inicial co texto "TIPOS DE PLANOS" e a continuación "Alumn@: Nome do alumn@", centrado na parte inferior da pantalla.
 
NOTA: O nome do alumno deberá manterse en pantalla ata o final do vídeo.
 
    Inserta o título "En función do encadre..."  e "En función do ángulo de visión..." antes da exposición das fotografías.
 

6. Inserta despois dos exemplos de tipos de planos según tamaño, según ángulo de visión e cámara subxectiva, os seguintes exemplos combinados:
    - Plano americano contrapicado
    - Plano conxunto cenital
    - Plano medio picado.
    - Primeiro plano aberrante.

7. Inserta os crédifos finais: "Feito por... nome alumn@", "IES do Castro", TIC 1º de Bacharelato", "Curso 2022/23".

8. Inserta unha ambientación musical instrumental (sin voz) adecuada para a presentación. Ó rematar a presentación corta o audio sobrante e realiza un "fade out" de volume da música.

9. EXPORTA o vídeo co seguinte nome: Video1 Planos - Nome Alumn@

    Antes de exportar selecciona pinchando no botón "axustes" unha
    resolución de 1280x720 e calidade "Boa"

10. Sube o arquivo á carpeta de drive compartida co teu profesor, e entrégao na aula virtual.

 

venres, 8 de xuño de 2018

Actividade - Edición de Vídeo I

Edición de Vídeo I

1.- Descarga de youtube unha curtametraxe en formato mp4 de menos de 4 minutos. O idioma non debe de ser nin galego ni castelá. Podes usar a páxina de descarga onlinevideoconverter (permite descargar ademáis o audio por separado).

2.- Inserta ó principio con fondo branco e con letra negra grande o título do vídeo. Fai un fundido de entrada e de saída.

3.- A continuación deberá aparecer con letra branca de tamaño mediano e fondo negro o texto "Dobrado por Nome e Apelido teu". Tamén con fundido de entrada e de saída.

4.- Cortade por cantas partes necesitedes para reducir a vosa historia a un minuto de duración aproximado. As escenas con texto deberán representar cando menos o 90 por cento do tempo total.

4. Subtitulade unha historia inventada na parte central inferior cun tamaño de texto axeitado.

5. Insertade os creditos finales tal como se fai nun corto de cine.