ACTIVIDADE VÍDEO 03
O STORYBOARD
Inventa ou adapta unha pequena historieta. Antes de comezar a gravar e editar o vídeo, deberás de elaborar o correspondente Storyboard, unha especie de cómic que ofrece unha guía visual do que se ten que gravar posteriormente.
1. Accede á páxina web StoryboardThat para elaborar a túa historieta. Deberás incluír fondos que poidas despois gravar, obxectos relevantes da historia, personaxes (poden ser persoas ou animais, reais ou imaxinarios), e diálogos. Polo menos unha personaxe será gravada en croma verde (descargada de internet), enlace suxerido: Videos para croma verde... )
Nota: Outras webs para elaborar guións gráficos ou Storyboards...
2. Deberás usar polo menos 2 escenarios diferentes, e tres planos distintos en cada escenario.
3. Fai unha copia deste documento no teu Drive, na carpeta compartida co teu profesor, e inserta as capturas de pantalla de cada plano.
PRODUCIÓN (Gravación + Edición)
1. Descarga usando 2conv.com , www.converto... ou outra páxina de descarga, vídeos con fondo verde que sirvan para producir a historieta.
Enlace suxerido: Videos para croma verde...
2. Grava co teu móbil os planos de fondo que se adapten á túa historia. (Lembra, deberás usar polo menos 2 escenarios diferentes, e tres planos distintos en cada escenario)
3. Inserta ó inicio o "TITULO DA HISTORIETA" e a continuación "Realizado por... nome alumn@"
4. Inserta os créditos finais: "IES do Castro", "TIC 1º de Bacharelato", "Curso académico 2018/19".
5.
Inserta unha ambientación musical instrumental adecuada á historieta. Non é necesario (nin recomendable) ter música durante todo o tempo da historia.
6. Tempo aproximado total: Entre 1 e 2 minutos.
7. EXPORTA o vídeo co seguinte nome: VIDEO 3 Título da historieta - Nome Alumn@
Antes de exportar selecciona pinchando no botón "axustes" unha
resolución de 1280x720 e calidade "Boa"
8. Sube o arquivo á carpeta de Drive compartida co teu profesor.
resolución de 1280x720 e calidade "Boa"
8. Sube o arquivo á carpeta de Drive compartida co teu profesor.