Amosando publicacións coa etiqueta radio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta radio. Amosar todas as publicacións

domingo, 10 de maio de 2020

VIDEO - Historias do coronavirus

A actividade consiste en montar cun programa de edición de video, pequenos fragmentos de vídeo gravados co teu móbil que acompañen á túa "historia do coronavirus" gravada con Audacity, resultado desta actividade anterior...
STORYBOARD: Terás que facer previamente un "storyboard" que encaixe coa túa historia previa. O storyboard, é unha especie de cómic que ofrece unha guía visual do que se ten que gravar en vídeo posteriormente. Correspóndese coa fase de planificación do traballo de vídeo que se vai a realizar. Para realizar o storyboard terás que:

1.- Accede á conta de gmail coa que traballas en clase, e despois fai unha copia desta plantilla na túa carpeta compartida co teu profesor de TIC.

Un plano é cada unha das tomas vídeo realizadas realizadas sen corte. Unha secuencia é o conxunto de planos que se visualizarán nun mesmo tempo e lugar (por exemplo nunha habitación, nun coche, nun parque etc.). No storyboard deben de numerarse e aparecer na orde que se van a visualizar tódolos planos do vídeo.

2.- Para configurar cada un dos planos usa á páxina web StoryboardThat para elaborar a túa historieta. Deberás escoller os fondos que sean apropiados para a túa historia, e despois incluir as persoaxes, obxectos relevantes da historia, ademais dos diálogos da túa historia. Non fai falta que te deas de alta, cando teñas configurado un plano fai unha captura de pantalla recortando a viñeta deseñada e insertala no documento do storyboard de "drive". Aquí tes un exemplo:

http://www.storyboardthat.com/
 
GRAVACIÓN DE VÍDEO: So unha vez que teñas o guión feito (en forma de storyboard) gravarás cada un dos planos que necesites para completar a túa historia. Podes utilizar o teu móbil para gravar.

EDICIÓN DE VÍDEO: Unha vez que teñas tódolos planos de tódalas secuencias gravados poderás montar o teu vídeo. Podes utilizar calquer editor de vídeo par móbil, tablets ou para PC. Recomendo que o fagades co ordenador posto que vos permitirá máis posibilidades de edición. Estos son algúns dos editores para PC que podes usar:

    - Windows Movie Maker: Preinstalado xa en moitas versións de windows.
    - Filmora 9: Editor de pago para windows pero que permite traballar exportando o traballo con marca de agua.
    - Kdenlive: Editor gratuíto para sistemas operativos Linux (como Ubuntu)

REQUISITOS

1. Deberás usar polo menos 2 escenarios diferentes, e tres planos distintos en cada escenario.

2. Inserta ó inicio o titulo "HISTORIAS DO CORONAVIRUS" e debaixo un título secundario, como por exemplo "O pesadelo", e a continuación "Realizado por... nome alumn@"

3. Inserta os créditos finais: "IES do Castro", "TIC 1º de Bacharelato", "Curso académico 2018/19".

4. EXPORTA o vídeo co seguinte nome: Video TIC - Nome Alumn@
 
    Antes de exportar selecciona pinchando no botón "axustes" unha
    resolución de 1280x720 e calidade "Boa"

5. Sube o arquivo á carpeta de Drive compartida co teu profesor.
 

luns, 20 de abril de 2020

Historias do coronavirus

A actividade consiste en gravar cun programa de edición de audio (como por exemplo Audacity) unha historia narrada en primeira persoa, con diálogos, efectos de son, música... relacionada coa actual situación de confinamento na qu nos atopamos debido ó virus COVID-19.

A historia podería comezarar deste xeito:


(Voz en off)
Durmía placidamente cando me espertaron as campás da igrexa.
Achegueime á ventá. Chovía e ameazaba tormenta.
Despois de ducharme, vestinme e, vencendo a pereza, fun almorzar á cociña.


EU
Bo día mamá...

..... pequena conversa -----

(Voz en off)
E nese mesmo intre... (Soa un berro)

¿Que puido acontecer? ¿De onde viña ese berro? ....

Continua a historia...


A historia debe durar entre 3 e 4 minutos (mínimo para puntuar 2,5 minutos) e estar correctamente ambientada. A música ten que estar en sintonía co texto e non debe de soar de forma continuada.

Podes utilizar, ademais doutros que poidas necesitar, os seguintes arquivos de son...



Outros bancos de son en internet:

Banco de imaxes e sons do Ministerio de Educación: 


Audacity
Podes descargar Audacity dende a súa páxina oficial...

Ó finalizar o traballo tendes que:
1. Exportar o audio ó formato mp3 ou ogg e subir o arquivo á carpeta compartida co teu profesor.
2.- Facer unha captura de pantalla completa onde se vexa todo o traballo realizado (tódalas pistas de audio, nomes de pistas, etc)

luns, 2 de abril de 2018

"Historias da radio"

A actividade consiste en gravar cun programa de edición de audio (como por exemplo Audacity ou Ardour) unha historia narrada en primeira persoa, con diálogos, efectos de son, música... para que posteriormente se emita en diferido pola radio do centro...

A historia comezará deste xeito:


(Voz en off)
Durmía placidamente cando me espertaron as campás da igrexa.
Achegueime á ventá. Chovía e ameazaba tormenta.
Despois de almorzar vestinme e, vencendo a pereza, baixei a mercar o xornal.


EU
Bos días, ¿o Faro, por favor?

TABERNEIRO
Aquí ten vostede................ O seu cambio, bos días.
 

EU
Moitas Grazas.

(Voz en off)
E nese mesmo intre... (Soa un berro)

¿Que puido acontecer? ¿De onde viña ese berro? ....


Continua a historia...


A historia debe durar entre 3 e 4 minutos e estar correctamente ambientada. A música ten que estar en sintonía co texto e non debe de soar de forma continuada.

Podes utilizar, ademais doutros que poidas necesitar, os seguintes arquivos de son...


Outros bancos de son en internet:

Banco de imaxes e sons do Ministerio de Educación: