A
actividade consiste en gravar cun programa de edición de audio
(como por exemplo Audacity)
unha historia narrada en primeira persoa, con diálogos, efectos
de son, música... relacionada coa actual situación de confinamento na qu nos atopamos debido ó virus COVID-19.
A
historia podería comezarar deste xeito:
(Voz en off)
Durmía placidamente cando me espertaron as campás da igrexa.
Achegueime á ventá. Chovía e ameazaba tormenta.
Despois de ducharme, vestinme e, vencendo a pereza, fun almorzar á cociña.
EU
Bo día mamá...
..... pequena conversa -----
(Voz en off)
E nese mesmo intre... (Soa un berro)
¿Que puido acontecer? ¿De onde viña ese berro? ....
Continua
a historia...
A historia debe durar entre 3 e 4 minutos (mínimo para puntuar 2,5 minutos) e estar correctamente ambientada. A música ten que estar en sintonía co texto e non debe de soar de forma continuada.
Podes utilizar, ademais doutros que poidas necesitar, os seguintes arquivos de son...
Outros bancos de son en internet:
Banco de imaxes e sons do Ministerio de Educación:
Banco de imaxes e sons do Ministerio de Educación:
Audacity
Podes descargar Audacity dende a súa páxina oficial...
Ó finalizar o traballo tendes que:
1. Exportar o audio ó formato mp3 ou ogg e subir o arquivo á carpeta compartida co teu profesor.
2.- Facer unha captura de pantalla completa onde se vexa todo o traballo realizado (tódalas pistas de audio, nomes de pistas, etc)