luns, 2 de abril de 2018

"Historias da radio"

A actividade consiste en gravar cun programa de edición de audio (como por exemplo Audacity ou Ardour) unha historia narrada en primeira persoa, con diálogos, efectos de son, música... para que posteriormente se emita en diferido pola radio do centro...

A historia comezará deste xeito:


(Voz en off)
Durmía placidamente cando me espertaron as campás da igrexa.
Achegueime á ventá. Chovía e ameazaba tormenta.
Despois de almorzar vestinme e, vencendo a pereza, baixei a mercar o xornal.


EU
Bos días, ¿o Faro, por favor?

TABERNEIRO
Aquí ten vostede................ O seu cambio, bos días.
 

EU
Moitas Grazas.

(Voz en off)
E nese mesmo intre... (Soa un berro)

¿Que puido acontecer? ¿De onde viña ese berro? ....


Continua a historia...


A historia debe durar entre 3 e 4 minutos e estar correctamente ambientada. A música ten que estar en sintonía co texto e non debe de soar de forma continuada.

Podes utilizar, ademais doutros que poidas necesitar, os seguintes arquivos de son...


Outros bancos de son en internet:

Banco de imaxes e sons do Ministerio de Educación: