mércores, 5 de decembro de 2018

Traballo con Virtual Box

INSTALACIÓN DE SISTEMAS OPERATIVOS

SISTEMA OPERATIVO "MININO"

1º- Descarga a imaxe iso do S.O. Minino dente o ordenador do Departamento de Tecnoloxía:
Administrador de arquivos > Outras localizacións > TECNOLOXÍA-DEPARTAMENTO > minino-queiles-32.iso 
(Copia e pega no teu directorio de imaxes)

2.- Arranca o S.O. con VirtualBox.

IMPORTANTE: Sempre que teñas que pechar a máquina... pecha a ventá e selecciona "Gardar o estado da máquina".

3.- Actualiza o sistema abrindo o terminal dende o menú principal do Minino, Ferramentas do Sistema > LXTerminal e executando os seguintes comandos:

1 - sudo apt-get update   
2 - sudo apt-get upgrade

4.- Accede a Preferencias > Usuarios e grupos... e crea un par de usuarios cos nomes dos colaboradores, ou con nomes xenéricos usuario2 e usuario3.

5.- Accede ó menú Preferencias > Xestor de Paquetes Synaptic,  e Instala as seguintes aplicacións: Audacity e Librecad. Antes deberás "Recargar" a información dos paquetes dispoñobles para instalar en liña. (Pode que teñas que recargar un par de veces)
  - Utiliza o botón "Buscar" para atopar unha aplicación en concreto.
  - Fai dobre click na aplicación a instalar.
  - Marca as dependencias co botón "Marcar".
  - Finalmente pulsa "Aplicar".

6.- Abre Gparted (ollo!!! na máquina virtual) accedendo ó menú Preferencias, para crear dúas novas particións nun novo disco duro virtual totalmente baleiro.

Primeira partición:
  - Accede a Menú dispositivo > Crear taboa de particións... (Non fagas caso da advertencia...)

  - Co botón dereito sobre o espazo sen asignar... accede a Nova, redimensiona a partición á metade do seu tamaño aproximadamente, e en ETIQUETA escribe DATOS1TeuNome.
  - Pulsa "Engadir".

Segunda partición:
  - Co botón dereito sobre o espazo sen asignar... accede a Nova e en ETIQUETA escribe DATOS2TeuNome.
  - Pulsa "Engadir".

 Finalmente pulsa o botón de verde para Aplicar todas as operacións.

Abre o Xestor de ficheiros e accede ós Novos discos duros (particións)



SISTEMA OPERATIVO WINDOWS 7

1º- Descarga a imaxe iso do S.O. Minino dente o ordenador do Departamento de Tecnoloxía:
Administrador de arquivos > Outras localizacións > TECNOLOXÍA-DEPARTAMENTO > windows7.iso 
(Copia e pega no teu directorio de imaxes)

2.- Arranca o S.O. con VirtualBox.

3.- Unha vez instalado NON actualices o sistema, accede ó Panel de control > Sistema e seguridade > Windows update > Cambiar configuración e seleccionar Non instalar actualizacións.
4.- Crea un par de usuarios cos nomes dos colaboradores, ou con nomes xenéricos usuario2 e usuario3.

5.- Instala das páxinas oficiais, as seguintes aplicacións de software libre: Firefox, Audacity, VLC, e LibreOffice.

6.- Abre o Administrador de discos buscando coa palabra "particiones" (ollo!!! na máquina virtual), para crear unha nova partición do disco duro virtual:
  - Pincha co botón dereito sobre a partición (C:) e selecciona Reducir volumen...
  - Pulsa Reducir.
  - Pincha co botón dereito sobre o espazo non asignado e selecciona Novo volumen simple... Selecciona todo por defecto e cando chegues a Etiqueta do volumen escribe DATOS-TeuNome.

Abre o Administrador de arquivos e accede ó Novo disco duro (partición DATOS)


---------------------------------------

A C T I V I D A D E 
Con cada sistema operativo instalado, elabora un documento na carpeta de "drive" compartida co teu profesor ou profesora, explicando tódalas operacións realizadas coa actividade de VirtualBox, insertando capturas de pantalla, sempre comentadas.
NOTA: En caso de que teñas problemas na instalación de algún dos sistemas operativos, programas ou outros, deberás de comentalo no traballo e incluír as capturas de pantalla que correspondan, debidamente comentadas.