domingo, 11 de novembro de 2018

Instalando Lubuntu 18 32bits en VirtualBox

Lubuntu é unha distribución oficial do proxecto Ubuntu co objectivo de crear un sistema operativo que minimice os recursos necesarios para o seu funcionamento nun equipo informático. Por eso non é de extrañar que o seu propio lema sexa: "ligeiro, rápido, máis fácil".

Dende o seguinte enderezo, Ubuntu Releases, podemos descargar, ademáis da última versión de Ubuntu, (18.04 Bionic Beaver), outras distribicións do proxecto, como Edubuntu, Kubuntu, Lubuntu, Ubuntu MATE ,UbuntuStudio, Xubuntu entre outros...

Imos a instalar Lubuntu como máquina virtual de VirtualBox, para o que teremos que ter  instalado VirtualBox no noso ordenador. (Se non, podemos facelo dende a páxina oficial de descargas de VirtualBox...



ACTIVIDADE PARALELA: Fai unha copia deste documento na túa carpeta de Drive compartida co profesor e completa o que se pide durante o proceso de instalación.

Instalando Lubuntu...



FASE PREVIA Á INSTALACIÓN

1. O primeiro que temos que facer é descargar no noso oredenador o arquivo de imaxe .iso dende Ubuntu Releases... Buscamos a imaxe de Lubuntu 18.04 32bits aquí (32-bit PC (i386) desktop image)

2. Abrimos VirtualBox e seleccionamos Nueva. (Nesta captura xa vemos instalada unha máquina virtual de Windows 7):

3. Indicamos un nome para a máquina virtual, e o tipo de sistema operativo que imos a instalar:


 4. Reservamos 2048 MB de memoria RAM para usar pola máquina virtual. Sempre debe de ser menor que a cantidade total de memoria RAM do ordenador.


5. Configuramos o disco duro virtual a usar pola máquina.


6. Seleccionamos o tipo de arquivo para o disco duro VDI (o usado por defecto por VirtualBox.


7. Seleccionamos Reservado dinamicamente para non perder espazo de disco duro que ó final non use a máquina virtual.


8. Indicamos o tamaño máximo que poderá alcanzar o disco duro virtual. Neste caso 10 GB.



Xa temos a estrutura para comezar a instalar a nosa máquina virtual de Lubuntu, pero antes necesitaremos facer algúns cambios na configuración para poder ser instalada sen problemas:


9. Accede a Configuración > Sistema > Procesador e indica que a máquina usará 2 nucleos do procesador.


 9. Accede a Configuración > Sistema > Pantalla e sube a memoria de vídeo a 70 MB e habilita a aceleración 3D.




10. Xa está a máquina virtual configurada para comezar coa instalación do sistema operativo Lubuntu. Pincha en Iniciar...


FASE DE INSTALACIÓN DO S.O.


11. Selecciona o ficheiro de imaxe .iso do sistema operativo Lubuntu que previamente descargaches da páxina oficial.


 ...e comeza a instalación do S.O.

12. Selecciona o idioma que prefiras para o proceso de instalación.

 Usa o cursor!

Se pinchas co rato e sairá esta ventana...Cancela

13. Selecciona o Instalar Lubuntu



14. Selecciona o idioma que prefires para o sistema operativo que estás a instar.


 ...e a disposición do teclado:

15. Selecciona Limpar o disco e instalar Lubuntu. Non te asustes!! é unha instalación sobre un disco duro virtual, non vas a borrar o disco duro físico do teu ordenador.


 ...continuar

 ...continuar

16. Indica o nome da conta principal (con privilexios de administrador) co teu Nome e un Apelido. (A equivalente á sesión de Mantemento dos PCs da aula de informática do centro). Indica o nome do equipo: PC-LubuntuVirtualBox.

IMPORTANTE: Introduce a contrasinal: iesdocastro
(Non te confundas e coidado coas maiúsculas)
En caso de erro non será posible arrancar o sistema !!

TAREA: Antes de continuar... fas unha captura de pantalla da seguinte ventá, da túa instalación, e insértala no documento de Drive.

 ...instalando

TAREA: Mentras se instala o S.O... fas unha captura de pantalla da ventá anterior, da túa instalación, e insértala no documento de Drive.


 17. Pincha en Reiniciar agora. A máquina virtual de Lubuntu reiniciarase para poder comezar a usar o novo Sistema Operativo...


 ...pulsa a tecla ENTER



Introduce o contrasinal...

 Xa temos Lubuntu instalado!!!
  

FASE DE ACTUALIZACIÓN DO S.O.

18. O primeiro que temos que facer é actualizar o S.O.   SE TES TEMPO... (pregunta ó teu profesor...) actualiza o sistema accedendo a Ferramentas do sistema > Actualización de software.


 Comprobando se hai instalacións...

 > instalar agora

 ...actualizando
 TAREA: Fas unha captura desta ventá, da túa actualización de software, e insértala no documento de Drive.



INSTALANDO SOFTWARE...

19. Accede a Ferramentas do sistema > Software.




Busca e instala as seguintes aplicacións:
Audacity, Librecad, Gimp e Kdenlive.

TAREA: Fas unha captura de pantalla onde se vexan as aplicacións instaladas e insértala no documento de Drive.

TAREA: Busca e descubre catro novas aplicacións que descoñezas:
Instalas as aplicacións, fas unha captura de pantalla de cada unha delas e fas unha breve descrición da súa utilidade e funcionamento no documento de drive.