xoves, 28 de setembro de 2023

Cambio o nome do noso PC en linux

Abrimos unha terminal.

Introducimos o seguinte comando, onde «novonome» é o nome que queramos porlle ó noso PC:

sudo hostname novonome


Editamos o ficheiro "hosts":

sudo nano /etc/hosts


O anterior abrirá o editor dos nosos hosts. Teremos que cambiar o nome do noso equipo e poñer o novo.

Unha vez cambiado, presionamos Ctrl+O para gardar e Intro para confirmar os cambios.

Por último, saímos con Ctrl+X.


---------------------  SE NON FUNCIONA ---------------------

Usaremos o comando nmcli. Co seguinte comando veremos o nombre actual do equipo:

nmcli general hostname

 

Para cambiar o nome do equipo, engadimos o novo nome ó final:

nmcli general hostname novonome


Por último, saímos con Ctrl+X.

 

Se pechamos e abrimos de novo a terminal debería aparecer xa o novo nome do equipo no cursor da terminal.