martes, 28 de xaneiro de 2020

Instalar epoptes en Ubuntu / Debian

"Epoptes" é unha aplicación libre para linux que permite controlar os ordenadores d@s alumn@s nunha aula de informática dende o ordenador da profesora ou profesor. Permite a emisión, o control, o bloqueo de pantallas e o envío de mensaxes entre outras funcións.

Instalación da aplicación dende unha terminal aberta na conta de administrador:

-------------------------------------------------------------------------------
Instalación no SERVIDOR:
 
habilita o superusuario root
sudo -i

instala a aplicación epoptes no ordenador de control de aula:
sudo apt install epoptes

instala a aplicación gufw (xestor firewall de Linux):
sudo apt-get install gufw

executa gufw:
gufw

Engade primeira regra simple: ( Porto 789 )

Engade segunda regra simple (sen saír da ventá): ( Porto 1024:65535 )
...e pechar ventás.

no caso de querer engadir outros usuarios para que poidan usar epoptes
gpasswd -a nomedousuario epoptes
(Tamén se pode facer coa aplicación "Usuarios e Grupos" se está instalada)

sae da sesión de superusuario (root):
exit

reinicia o equipo

 

----- comproba os usuarios que pertencen ó grupo "epoptes"------

getent group epoptes


---------------------------------------------------------------------------------------------------------
(Opcional) Cambio de nome dos ordenadores "CLIENTE":

Executa nunha terminal o seguinte:
 
Podes comprobar primeiro o nome do ordenador cliente con:
hostnamectl 
 
Cambia o nome do ordenado "cliente":
sudo hostnamectl set-hostname novonome

Edita o ficheiro /etc/hosts e cambia nel o nome onde apareza (importante):
sudo nano /etc/hosts

Ctrl+O para gardar e Ctrl+X para saír

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Instalación nos CLIENTES: (Manter aceso o servidor coa aplicación epoptes aberta)
 
habilita o superusuario root:
sudo -i

instala o programa nos ordenadores do alumnado:
sudo apt install epoptes-client

edita e modifica (ou crea) o ficheiro de configuración coa IP do ordenador de control (servidor):
nano /etc/default/epoptes-client

substituír:   #SERVER=server     por    SERVER=xx.xx.xx.xx    (IP do servidor)

Ctrl+O para gardar e Ctrl+X para sair

obter certificados para que as dúas máquinas se poidan comunicar:
epoptes-client -c

saír da sesión de superusuario (root):
exit

reiniciar o equipo