xoves, 19 de outubro de 2017

Cómo montar un PC paso paso

Aquí tedes un vídeo da montaxe íntegra dun potente ordenador orientado a traballar con edición de vídeo e/ou xogos.


ACTIVIDADE:

Crea na carpeta de drive compartida co teu profesor un documento co nome "configuración de ordenadores". Accede ás páxinas de PC-BOX e Pc-Componentes e configura tres PCs, ó mellor prezo posible, un de gama baixa, outro de gama media, e un terceiro de gama alta, coas características mínimas que se describen máis abaixo.
 
O documento terá que incluír como mínimo o seguinte de cada compoñente incluído no orzamento:
  1.- Nome do compoñente tal como aparece en PC Box co seu enlace á páxina web.
  2.- Prezo do compoñente.
  3.- Foto do compoñente (usa as capturas de pantalla)
 4.- Características principais (non todas!!, só as máis importantes e que ti comprendas, poden ser 3, poden ser 8..., depende do compoñente que sexa).
 
No apartado do sistema operativo a instalar, inserta o enlace de descarga á páxina oficial de onde o podes descargar.

PC Gama baixa: (en PC-BOX) (Características mínimas
Caixa Micro ATX ou ATX
Placa Base Micro ATX ou ATX (Características principais dunha placa base)
Procesador de dobre núcleo a velocidade mínima de 3GHz. (Os microprocesadores)
Memoria caché do procesador 3MB (Memoria caché)
Tarxeta gráfica integrada na placa. (Tarxetas gráficas)
Fonte de alimentación de 300W
Memoria RAM - 8 GB (Tipos de memoria RAM)
Disco Duro HDD de 500GB (Características dos Discos duros)
Monitor de 17" Básico con entrada VGA ou HDMI
Teclado básico (cable)
Rato básico (cable
Sistema operativo Linux Mint "Cinnamon Edition" (Inserta o enlace ó apartado da páxina oficial de onde se pode descargar cun so click de rato)
Orzamento: menos de 650 euros.

PC Gama alta: (Da outra tenda) (Características mínimas
Caixa ATX
Placa Base ATX (Características principais dunha placa base)
Procesador de oito nucleos a velocidade mínima de 4.5 GHz. (Os microprocesadores)
Memoria caché do procesador 8MB (Memoria caché)
Tarxeta gráfica PCI 2GB, velocidade procesador 1800MHz. Entradas VGA, DVI-D y HDMI,  (Tarxetas gráficas)
Fuente de alimentación de 500W
Memoria RAM - 32 GB (Tipos de memoria RAM)
Disco Duro SSD ou M.2 de 2TB (Unidade de estado solido)
Monitor de 24" con entrada VGA, HDMI e full HD
Teclado e Rato inalámbrico (nun so producto)
Sistema operativo Linux - Ubuntu Studio 22.04 LTS (Inserta o enlace ó apartado da páxina oficial de onde se pode descargar cun so click de rato)
Orzamento: entre 1000 e 2000 euros

------------------------------------------------------------------------------

Para o orzamento do PC de gama media usa o configurador de PC-BOX para comprar un ordenador de gama media coa mellor relación calidade/prezo, imprime o orzamento final en pdf. Despois fai unha captura de pantalla do orzamento e insertao ó final do documento de drive.

PC Gama media: (Usa o configurador de PC-BOX) (Características mínimas
Caixa Micro ATX
Placa Base Micro ATX (Características principales dunha placa base)
Procesador de catro núcleos a velocidade mínima de 3.5GHz. (Os microprocesadores)
Memoria caché do procesador 6MB (Memoria caché)
Tarxeta gráfica PCI 1GB con velocidade mínima do procesador 1800MHz. (Tarxetas gráficas)
Fonte de alimentación de 400W
Memoria RAM - 16 GB (Tipos de memoria RAM)
Disco Duro SSD ou M.2 de 1TB (Características dos Discos duros)
Monitor de 19" con entradas VGA ou HDMI
Teclado inálambrico
Rato inalámbrico
Sistema operativo Linux - Ubuntu 22.04 LTS (Inserta o enlace ó apartado da páxina oficial de onde se pode descargar cun so click de rato)
Orzamento: entre 700 e 900 euros