luns, 14 de febreiro de 2022

Compartir unha carpeta en Ubuntu 20.04

1.- Para poder compartir unha carpeta en rede dende Ubuntu con outros usuarios de Ubuntu debe de estar instalado Samba, servizo de compartición de arquivos e impresoras.

 

Abre unha terminal e instala o paquete Samba:

sudo apt-get install samba


2.- Ademais, o usuario que queira compartir o cartafol deberá ter permiso para facelo, para o que deberá estar incluído no grupo sambashare.

 

Engade un usuario ó grupo sambashare:

sudo addgroup nomedeusuario sambashare

 

3.- Reinicia o PC. 

 

4.- Xa podes compartir un cartafol accedendo dende o navegador de arquivos, co botón dereito do rato sobre o cartafol > propiedades > permisos > compartición na rede local  e activando a casiña "compartir este cartafol".