mércores, 12 de xaneiro de 2022

Como habilitar en Ubuntu os portos USB en VirtualBox

Para poder usar, en Ubuntu, os portos USB do ordenador e ter acceso a estes dende as máquinas virtuais de VirtualBox hai que facer o seguinte:

1.- Instalar o VirtualBox Extension Pack dende a páxina oficial de VirtualBox...

IMPORTANTE: Instala a mesma versión do Extension Pack que a do VirtualBox que tes instalado no sistema.

2.- A instalación de VirtualBox para Linux crea o grupo de usuarios vboxusers. Calquera usuario do sistema que queira usar dispositivos USB en VirtualBox, debe ser membro dese grupo. Podes incluír a un usuario neste grupo mediante os seguintes comandos nunha terminal:

Comproba primeiro se o usuario xa pertence ó grupo vboxusers:

getent group vboxusers

Se non aparece o usuario na lista podes engadilo co seguinte comando:

sudo usermod -aG vboxusers nome_do_usuario

3.- Pecha a sesión e volve a iniciala, ou reinicia o ordenador.