STORYBOARD: Terás que facer previamente un "storyboard" que encaixe coa túa historia previa. O storyboard, é unha especie de cómic que ofrece unha guía visual do que se ten que gravar en vídeo posteriormente. Correspóndese coa fase de planificación do traballo de vídeo que se vai a realizar. Para realizar o storyboard terás que:
1.- Accede á conta de gmail coa que traballas en clase, e despois fai unha copia desta plantilla na túa carpeta compartida co teu profesor de TIC.
Un plano é cada unha das tomas vídeo realizadas realizadas sen corte. Unha secuencia é o conxunto de planos que se visualizarán nun mesmo tempo e lugar (por exemplo nunha habitación, nun coche, nun parque etc.). No storyboard deben de numerarse e aparecer na orde que se van a visualizar tódolos planos do vídeo.
2.- Para configurar cada un dos planos usa á páxina web StoryboardThat para elaborar a túa historieta. Deberás escoller os fondos que sean apropiados para a túa historia, e despois incluir as persoaxes, obxectos relevantes da historia, ademais dos diálogos da túa historia. Non fai falta que te deas de alta, cando teñas configurado un plano fai unha captura de pantalla recortando a viñeta deseñada e insertala no documento do storyboard de "drive". Aquí tes un exemplo:
GRAVACIÓN DE VÍDEO: So unha vez que teñas o guión feito (en forma de storyboard) gravarás cada un dos planos que necesites para completar a túa historia. Podes utilizar o teu móbil para gravar.
EDICIÓN DE VÍDEO: Unha vez que teñas tódolos planos de tódalas secuencias gravados poderás montar o teu vídeo. Podes utilizar calquer editor de vídeo par móbil, tablets ou para PC. Recomendo que o fagades co ordenador posto que vos permitirá máis posibilidades de edición. Estos son algúns dos editores para PC que podes usar:
- Windows Movie Maker: Preinstalado xa en moitas versións de windows.
- Filmora 9: Editor de pago para windows pero que permite traballar exportando o traballo con marca de agua.
- Kdenlive: Editor gratuíto para sistemas operativos Linux (como Ubuntu)

REQUISITOS:
1. Deberás usar polo menos 2 escenarios diferentes, e tres planos distintos en cada escenario.
2. Inserta ó inicio o titulo "HISTORIAS DO CORONAVIRUS" e debaixo un título secundario, como por exemplo "O pesadelo", e a continuación "Realizado por... nome alumn@"
3. Inserta os créditos finais: "IES do Castro", "TIC 1º de Bacharelato", "Curso académico 2018/19".
4. EXPORTA o vídeo co seguinte nome: Video TIC - Nome Alumn@
Antes de exportar selecciona pinchando no botón "axustes" unha
resolución de 1280x720 e calidade "Boa"
5. Sube o arquivo á carpeta de Drive compartida co teu profesor.
resolución de 1280x720 e calidade "Boa"
5. Sube o arquivo á carpeta de Drive compartida co teu profesor.